Descubre o Porto de Redes. Agrupación Instructiva Caamouco
 

O venres 22 de agosto de 2008, terá lugar unha iniciativa cando menos diferente da Agrupación Instructiva de Caamouco. Dentro das actividades orientadas á divulgación e documentación do patrimonio propio, ofrece a posibilidade a todas as persoas que o desexen, de coñecer mellor o Porto de Redes

O programa inicia ás 18.30 horas, na Tenencia, coa proxección do video "Memorias dunha vila, Porto de Redes 1912-1958".

A continuación, ás 19.30 horas, percorrido polas rúas do Porto de Redes, comentando e mostrando as singularidades desta a nosa/vosa vila.

Dende logo é unha ocasión para coñecer o noso mellor, pero sobretodo para valorar o que temos, algo que moitos veciños/as temos pendente. Tempo para decatarse de que este pequeno recuncho é do mellorciño, en canto a conxunto patrimonial, desta Galicia.

 
Contraataque a Rio Castro 2008
 

Como non se pode permitir eso de que secuestren ó Excmo. Sr. Alcalde (ou si?), e non conformes con eso de que se acheguen coa sua marea roxa, de Redes teñen pensado devolverlla ós de Río Castro o vindeiro día 23.

A cousa empezará ás 18:00, requerindose para os participantes no ataque con dereito a uniforme, avituallameto e ó botín a cuota de 12€, ainda que a concurrencia e disfrute dos actos é aberta a todo o mundo.

 
XV Torneo Pibes de tenis infantil e junior.
 
Dende o día 23 de Agosto ata o 7 de Septembro no Club de Tenis de Redes celebrase XV Torneo Pibes de Tenis Infantil e Junior.
(para máis información pincha no titular)
 
VI Memorial "Deisy Paz Boulander" de tenis absoluto feminino.

 

Dende o día 23 de Agosto ata o 6 de Septembro no Club de Tenis de Redes celebrase XX Memorial "Deisy Paz Boulandier" de Tenis Absoluto Feminino.

(para máis información pincha no titular)

 
XX Memorial Club Tenis Redes

 

O Campionato masculino xa alcanza a sua XX edición, e terá lugar nas instalacións do Club de Tenis de Redes do 23 de agosto ó 6 de setembro

(para máis información pincha no titular)

 
Vela Tradicional. Da Coruña e Ares.

O pasado día 9 de Agosto celebrouse a II Concentración de Embarcacións da Coruña, con duas embarcacións de Redes, e o día 16 de Agosto a II Concentración de Embarcacións Tradicionais de Ares, con 7 embarcacións de Redes.

Da Coruña obtivemos estas imaxes, destacando a fermosa estampa do "Punta Pragueira", que fan boa semente acudindo a cantos certames poden.




 
Redes na edición Ferrol de La Voz

Hoxe 15/08/08 no xornal La Voz de Galicia, na contraportada da edición de Ferrol temos a dous redeños ilustres. O primeiro Juan Filguera, un dos nosos mellores regatistas, o outro Ernesto López, presidente da Agrupación instructiva de Caamouco.

Pincha e acede ao xornal 

 
Historias do Verán

 

Nunca chove ó gusto de todos. Ou sí?. O verán non acompaña e nos ofrece estas choivas, regalo para algúns, castigo para outros, pero en calquer caso parte do noso clima.

Hai quen se conforma e o asume como un elemento máis, e busca unha forma de acomodarse ás circunstancias. Esto é o que poidemos ver o pasado domingo 9 de agosto na punta do muelle de Redes.

A grandes males...

 
Socios de Caamouco.Net

 

Estes días os socios de Caamouco.Net están recibindo o correo para a sua contribución coas cuotas do 2008.

Si estás interesado en facerte socio e participar neste proxecto, ponte en contacto co Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

 
Novo: Video do 40 Aniversario do CMR

 

Video que foi presentado o día 1 de Agosto de 2008, nos actos preliminares da VI Regata de Vela Tradicional "Porto de Redes".

Versión de máis calidade para descargar 17 MB

(precisa ter instalado o codec XVID)

 
Obras en Redes na repunta do verán

 

Parece que imos ter un verán acompañado de obras, xusto cando máis actividades se realizan e cando máis xente nos visita.

Uns días antes da invasión dos de Río Castro empezaron a maniobrar no aparcamento, mermando a sua capacidade.

Logo comenzaron a levantar a Rua de Arriba, a do Medio e o Calexón que a conecta co Pedregal. Hoxe mesmo comenzaron na Rua de Abaixo, de momento pódese seguir usando o aparcamento.

O cartel fala de renovación de canalizacións, dun presuposto preto dos 300.000 euros e dun prazo de execución de un mes e medio. A ver si é certo.

Por si fora pouco,  aparecen de vez en cando os da Policía Municipal e os de Protección Civil a cortar máis os accesos, a decirche por ahí non vaias e "silencio, por favor" por conta do cura ese de Louredo.

Coincide coa repunta do verán, salváronse das obras as festas do Carmen, pero é agora cando máis cheo está Redes. Máis dun visitante preguntaba como chegar á Area Morta, non era fácil explicarllo porque a volta é das boas... salvo atallos pouco ortodoxos.

O de renovar, obrar, investir e adecentar está ben, pero as datas pódense escoller mellor.


 
Vela. "Copa do Rei", no barco gañador, un de Redes.

Moito sufrir ata o final, cunha abordaxe, con moita competencia, pero ao final, por un só punto, o Navantia de Jesús Pintos, no que navega o noso veciño Juan Filgueira, fíxose coa "Copa do Rei" en categoría IMS 670. Noraboa!!!

Galería de Fotos do Navantia.

 
« InicioAnterior12SeguinteFinal »