| | Xa chega a VI Regata de Embarcacións Tradicionais "PORTO DE REDES". Seguindo o modelo de outros anos, non faltarán a cabria, as sardiñas, o churrasco nin a festa. Ogallá se alcancen e superen os 38 barcos inscritos na quinta edición. O venres día 1 poderase disfrutar dun espectáculo único, regata a2 entre Francisco Varela, patrón do Abur e Martin O'Scannall, o noso irlandés de Redes, patrón do Sauntress. O campo de regata será diante do Porto de Redes e poderase disfrutar dende a Punta do Castelo de xeito espectacular. Outra nova será a regata remos-vela, unha modalidade importada de Bretaña, moi divertida e vistosa. Este ano coincide co desembarco pirata, o 2 de Agosto, boa ocasión para algunha actividade conxunta, e como os nosos navíos estarán no mar na regata, farán falla reforzos en terra para frear as tropas de Río Castro. |
Programa e información xeral. Venres 1 de agosto - 17:00 Desafío Redes - Irlanda. Regata entre o Sauntress e o Abur. O resto das embarcacións acompañarán a estes navíos. - 22:00 Proxeccións de video. - 40 anos de Club Marítimo de Redes - Homenaxe a Xesús Audisio Santos. - Documental: Un mar de velas. - Videos e fotos de Brest 2008. Sábado 2 de agosto. - 11:30 Regata remos - vela. Regata onde os participantes terán que superar un percorrido, parte a remos e parte a vela. - 14:00 Sardiñada popular a prezos populares. - 16:00 Festa da cabria. Escenificación sobre como os mariñeiros colgaban as redes nas cabrias. - 17:00 Gran Regata de Embarcacións Tradicionais. - 20:30 Entrega de agasallos aos participantes. - 21:30 Gran churrascada popular. Tamén a prezos populares. - 22:30 Concertos. Os Xotas. Grupo de música tradicional da comarca de Ferrol. Capitán Cavernícola Blues Band. Grupo de Blues-Rock de Avilés.
Información para os participantes: Zona de acampada gratuíta. A sardiñada do sábado día 1 será gratis para os participantes. As embarcacións participantes deben ter todos os requisitos legais ao día, documentación, seguro, medidas de seguridade ( chalecos, fondeo, etc.) Para inscripción e máis información: 607217916 ou
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
|