Novas
Descubre o Porto de Redes. Agrupación Instructiva Caamouco PDF Imprimir Correo-e
Martes, 19 Agosto 2008 21:17
 

O venres 22 de agosto de 2008, terá lugar unha iniciativa cando menos diferente da Agrupación Instructiva de Caamouco. Dentro das actividades orientadas á divulgación e documentación do patrimonio propio, ofrece a posibilidade a todas as persoas que o desexen, de coñecer mellor o Porto de Redes

O programa inicia ás 18.30 horas, na Tenencia, coa proxección do video "Memorias dunha vila, Porto de Redes 1912-1958".

A continuación, ás 19.30 horas, percorrido polas rúas do Porto de Redes, comentando e mostrando as singularidades desta a nosa/vosa vila.

Dende logo é unha ocasión para coñecer o noso mellor, pero sobretodo para valorar o que temos, algo que moitos veciños/as temos pendente. Tempo para decatarse de que este pequeno recuncho é do mellorciño, en canto a conxunto patrimonial, desta Galicia.

 
XX Memorial Club Tenis Redes PDF Imprimir Correo-e
Luns, 18 Agosto 2008 09:28

 

O Campionato masculino xa alcanza a sua XX edición, e terá lugar nas instalacións do Club de Tenis de Redes do 23 de agosto ó 6 de setembro

(para máis información pincha no titular)

Ler máis...
 
VI Memorial "Deisy Paz Boulander" de tenis absoluto feminino. PDF Imprimir Correo-e
Luns, 18 Agosto 2008 09:13

 

Dende o día 23 de Agosto ata o 6 de Septembro no Club de Tenis de Redes celebrase XX Memorial "Deisy Paz Boulandier" de Tenis Absoluto Feminino.

(para máis información pincha no titular)

Ler máis...
 
XV Torneo Pibes de tenis infantil e junior. PDF Imprimir Correo-e
Luns, 18 Agosto 2008 09:12
 
Dende o día 23 de Agosto ata o 7 de Septembro no Club de Tenis de Redes celebrase XV Torneo Pibes de Tenis Infantil e Junior.
(para máis información pincha no titular)
Ler máis...
 
Vela Tradicional. Da Coruña e Ares. PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 17 Agosto 2008 15:20

O pasado día 9 de Agosto celebrouse a II Concentración de Embarcacións da Coruña, con duas embarcacións de Redes, e o día 16 de Agosto a II Concentración de Embarcacións Tradicionais de Ares, con 7 embarcacións de Redes.

Da Coruña obtivemos estas imaxes, destacando a fermosa estampa do "Punta Pragueira", que fan boa semente acudindo a cantos certames poden.




Ler máis...
 
Redes na edición Ferrol de La Voz PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 Agosto 2008 21:57

Hoxe 15/08/08 no xornal La Voz de Galicia, na contraportada da edición de Ferrol temos a dous redeños ilustres. O primeiro Juan Filguera, un dos nosos mellores regatistas, o outro Ernesto López, presidente da Agrupación instructiva de Caamouco.

Pincha e acede ao xornal 

 
Historias do Verán PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 14 Agosto 2008 06:54

 

Nunca chove ó gusto de todos. Ou sí?. O verán non acompaña e nos ofrece estas choivas, regalo para algúns, castigo para outros, pero en calquer caso parte do noso clima.

Hai quen se conforma e o asume como un elemento máis, e busca unha forma de acomodarse ás circunstancias. Esto é o que poidemos ver o pasado domingo 9 de agosto na punta do muelle de Redes.

A grandes males...

 
Vela. 45ª Regata Rías Baixas PDF Imprimir Correo-e
Luns, 11 Agosto 2008 21:52

Quinta etapa. Sanxenxo - Vigo. Os nosos voltan a situarse dentro do top ten da súa categoría, e a pesar do pequeno pinchazo quedan na xeral dentro dos 15 primeiros. Remate desta edición do Rías Baixas. Pincha no título desta nova para ver o resumo de toda a regata.

Ler máis...
 
Obras en Redes na repunta do verán PDF Imprimir Correo-e
Martes, 05 Agosto 2008 23:22

 

Parece que imos ter un verán acompañado de obras, xusto cando máis actividades se realizan e cando máis xente nos visita.

Uns días antes da invasión dos de Río Castro empezaron a maniobrar no aparcamento, mermando a sua capacidade.

Logo comenzaron a levantar a Rua de Arriba, a do Medio e o Calexón que a conecta co Pedregal. Hoxe mesmo comenzaron na Rua de Abaixo, de momento pódese seguir usando o aparcamento.

O cartel fala de renovación de canalizacións, dun presuposto preto dos 300.000 euros e dun prazo de execución de un mes e medio. A ver si é certo.

Por si fora pouco,  aparecen de vez en cando os da Policía Municipal e os de Protección Civil a cortar máis os accesos, a decirche por ahí non vaias e "silencio, por favor" por conta do cura ese de Louredo.

Coincide coa repunta do verán, salváronse das obras as festas do Carmen, pero é agora cando máis cheo está Redes. Máis dun visitante preguntaba como chegar á Area Morta, non era fácil explicarllo porque a volta é das boas... salvo atallos pouco ortodoxos.

O de renovar, obrar, investir e adecentar está ben, pero as datas pódense escoller mellor.


 
Grandes depredadores de Caamouco... PDF Imprimir Correo-e
Martes, 05 Agosto 2008 21:45

 

Pois como podedes ver na imaxe supoñemos polo sorriso quen é o cazador, e quen o cazado

Seguro que deu para unhas boas racións!!

Que aproveite!!!

 
Contraataque a Rio Castro 2008 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 04 Agosto 2008 16:08
 

Como non se pode permitir eso de que secuestren ó Excmo. Sr. Alcalde (ou si?), e non conformes con eso de que se acheguen coa sua marea roxa, de Redes teñen pensado devolverlla ós de Río Castro o vindeiro día 23.

A cousa empezará ás 18:00, requerindose para os participantes no ataque con dereito a uniforme, avituallameto e ó botín a cuota de 12€, ainda que a concurrencia e disfrute dos actos é aberta a todo o mundo.

 
Asamblea Xeral da Comunidade de Augas de Redes PDF Imprimir Correo-e
Luns, 04 Agosto 2008 16:00

A Xunta de Goberno da Comunidade de Usuarios de Augas de Redes convoca a todos os comuneiros e comuneiras á ASEMBLEA XERAL ORDINÁRIA
que se celebrará no local da Agrupación Instrutiva de Caamouco o próximo día 10 de agosto ás 11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 h. en segunda, na que se tratará a seguinte orde do día:

Ler máis...
 
« InicioAnterior1234SeguinteFinal »

Páxina 1 de 4