Quinin

Na Wiki.caamouco.net, a Wiki.caamouco.net en galego.

Jump to: navigation, search

Índice

[editar] Disfrutou da vida.

Joaquin Rojo Seijas, "Quinín". Persoa comprometida e controvertida, bo pensador e conversador, curioso pintor.
Tamén bo comedor e bebedor, levaba sacos de cabezas de bacalao, das que traían dos bacaladeiros, para Madrid, para facer picarachas e teño oído que algunha vez baixaronno do tren en Ponferrada polo cheiro (seguro que é mentira). Pero o que si é certo e que os taxistas de Pontedeume xa lle coñecían a voz e cando os chamaba por teléfono, para ir á Vila a comprar oleos, non quería vir ningún a buscalo, pintáballes os asentos do taxi cá pintura que levaba na roupa. Disfrutou moito cá súa pintura e eso é o que conta.

Pero todo esto xa foi cando era maior.Sempre foi un bohemio, un bon vivant e soupo vivir a vida, nunca tivo coche nin moto, nin siquera bicicleta, cando era novo tiña unha moza en San Xoán e pedía prestada unha bicicleta para ila ver, pero viveu ben a súa maneira.
Eche o que hai que facer, ou non Quinín?

[editar] Preocupado polo seu entorno.

É de destacar a sua preocupación polo entorno de Caamouco, a pena que sinteu cando cortaron as arbres do Carballo ou do Regueiral. Tamén a súa peculiar pintura, movida si se subía a un barco, torta si o lenzo tamén o estaba, ou variable si a paisaxe o era... coido que ás veces importáballe máis o proceso que o resultado, pois téñeno visto pintar e despintar un caiuco nunha pintura de Sabadelle, e todo porque o caiuco veu.. e logo foise.

Certo é o seu carácter bohemio e extravagante, pero tamén viaxeiro, Irlanda, Túnez, Viena, Venecia, Roma, Castela.... Contaba ás veces que era amigo do hispanista Ian Gibson, e mais a miudo o que lle pasou en Santiago, cando unha velliña lle deu esmola e el, devolvéndolla díxolle "Ai señora, o hábito non fai ó monxe".

Donou leiras á Agrupación Instructiva de Redes e Caamouco (nome histórico), así como a súa colección de libros e cadros, que hoxe alí está ... a punto de desaparecer.

[editar] Comprometido e viaxeiro.

Homenaxe póstumo a "Quinin", pintura de Luis O Portuxés
Homenaxe póstumo a "Quinin", pintura de Luis O Portuxés
Tamén estivera na cadea por pensar diferente ao Fraquismo, nunca delatou a os seus compañeiros, entre eles, o que fora ministro de cultura no goberno de Felipe Gonzalez: Jorge Semprun (2 anos de cadea e moitas palizas) de 1969 a 1971 non poido comer cabezas de bacallao nin desgraciadamente poido manchar o coiro aos taxistas de Pontedume.

Tamén estivo na guerra de Nicaragua de cooperante un mes, e logo a Mexico onde coñoceu as pinturas de Diego Rivera e a súa muller Frida Kalo en Kueyakan, tamén estivera, en Costa Rica, nas Illas Sheychelles, pintando aos nativos e pintou a estación de Amsterdam, un cadro como centos deles, esmoecendose na Agrupacion Instrutiva de Caamouco.

Non só viaxeiro, a Irlanda foi de emigrante, onde pasou moita fame cos clerigos, emigrou tamén a Madrid onde se fixo catedrático de filoloxía inglesa. Traballaba dando clase nun instituto do barrio da Elipa, e recibía clases de pintura na escola de Bellas Artes de Madrid. Prexubilouse aos 61 anos pois tiña parkinson e una doencia cardíaca, pouco tempo para vivir como un bon vivant, pois morreu a os 62 anos, e a maior parte dese tempo adicouno a pintar frenéticamente a todos os seus veciños e todas as paixaxes de Redes e Caamouco para poder lembrar de home as paixaxes da súa nenez.

En Redes non temos taxis pero tiñamos a QUINÍN que os taxistas de Pontedeume brilaban a seu lado.

Un día, ás tres da mañá, chamoume dende uhna clínica de Ponferrada, pois lle dira un amago de infarto e tivera que abandoar o tren que nos leva pola veira do Miño. Eu fora a velo.



[editar] Autorretrato.

Permitamos que Quinín se presente a si mesmo, como o fixera no escrito que recollemos co gallo de presentarse para unha exposición que fixera na Sala de Sesións da Casa do Concello de Fene.

Esta exposición é un homenaxe a Redes e ás xentes de Redes. Un homenaxe faise por amor, por admiración ou por agradecemento. No meu caso é polas tres cousas. Eu sinto por Redes o que os ingleses chaman "pride of place", orgullo do lugar onde a un lle tocou nacer.

Vivin en Redes ata os 17 anos. Despois emigrei a Madrid. Castelao decía que nun día en Galicia aprendía máis que nun mes en Madrid. Eu comprendo perfectamente o que quería decir. Non hai no mundo escola coma a da fame, a miseria, o sufrimento. E ainda que eu era dos afortunados ó que endexamais lle faltou un cacho de pan, ó rededor de min vin pasar moitas cousas que me abriron os ollos á inxusticia dunha situación que clamaba ó ceo.

Naturalmente, estou falando da inmediata postguerra e do franquismo que vivín dende o seu nacemento ata a súa morte. E acórdome como se fora hoxe do valor, da coraxe, da resistencia da xente de Redes diante dese estado de cousas. No lugar primeiro teño que poñer á miña nai, muller heroica onde as houbera, que tiña unha forza que lle medraba con cada pau que lle daba a vida. E levou moitos. ¿E como non acordarme de Higinia, do Xanxé, de Regino o barbeiro, do Perocho e da súa familia, do Eugenio, do Jerónimo, do Manolo Pazos e tantos e tantos outros que encherían dous folios coma este?

Esa foi a miña escola cando non había nin escolas nin mestres. Ós nenos tocábanos sufrir e calar. E desde aquela son marxista, é dicir, estou no partido dos fusilados non no dos fusiladores, cos que non teñen ou teñen menos do que deberían ter.

Foi tamén en Redes onde pintei os meus primeiros cadros. Cada Nadal eu era o que facía o nacemento da igrexa de Caamouco, o da miña casa e os das casas dos amigos. Descobrín a ledicia de facer unha cousa bonita e conservei ese costume ata hoxe. Eu non vivo da pintura, a miña profesión é outra. Non obstante, disfruto moito cando o cadro vai collendo forma, cando as colores se van equilibrando ata conquerir unha harmonía na tela. E penso como o novelista inglés D.H.Lawrence que a beleza é tan importante coma o pan para levar unha vida máis completa. E se me preguntades por qué pinto, contestareivos con palabras de García Lorca: eu pinto para que a xente me queira.

Quero agradece-la colaboración de Andrés Freire, Rosita, a filla de Higinia, e dos seus fillos Tobo e Luis; tamén lle dou as gracias a Aquilino, sen eles non podería face-los marcos dos cadros que expoño.

QUININ.

Ferramentas personais